Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gesganmobil_-_problemas_frecuentes

GesganMobil queda colgada ou non aparece a opción nova informada

Existen varios motivos poos que a aplicación pode quedar colgada ou que quede cargando datos de forma indefinida. As posibles solucións son:

  1. Asegúrate de que tes a derradeira versión do navegador instalada, preferiblemente usar Google Chrome.
  2. Non usedes gesganMobil como unha app instalada, mellor acceder dende a páxina web de Seragro → GesganMobil. Podedes engadir a páxina a favoritos ou marcadores pero nunca instalada no teléfono.
  3. O usuario e contrasinal distinguen entre maiúsculas e minúsculas. Hai que ter coidado co corrector do teclado e poñer o usuario e contrasinal igual que como están na ficha do usuario en Gesgando.

Non me firma ou non me detecta o certificado

Debes ter un certificado dixital en curso (que non estea caducado) e que te tes que lembrar de renovar no momento en que estea chegando á data de finalización. Este certificado pódese renovar en asesorías, nas oficinas de facenda ou na páxina da sede electrónica da Real Casa da Moeda: https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica

Tamén debes ter actualizado á derradeira versión do cliente autofirma do portal da administración electrónica: https://firmaelectronica.gob.es/ciudadanos/descargas

GesganMobil desconectou a miña sesión

Si nalgún momento no que estamos usando a aplicación se desconecta a sesión e, cuando queremos voltar a entrar pon unha mensaxe de Usuario no válido, existe a posibilidade de que o usuario estea de baixa, neste caso debemos contactar con Seragro para coñecer o estado do noso usuario.

Usar a navegación da aplicación

Recomendamos que empregue a navegación pola aplicación mediante os botóns Atrás e o menú superior para ir ao menú principal e non empregar os botóns do navegador web.

**DE IMPORTANTE LECTURA**

A día de hoxe sigue habendo moita confusión con GesganMobil e cómo funciona. Imos tentar explicar cómo hai que proceder cando haxa algún problema ou sexa comunicada algunha actualización ou nova función nel.

GesganMobil non é unha app para télefonos móbiles. É unha páxina web, polo que como tal, debe estar en contínua conexión (xa sexa de rede ou de datos) para que funcione correctamente. Todas as páxinas webs dependen sempre do Navegador WEB para funcionar e é e que fai que funcione en varios dispositivos distintos. GesganMobil non pode funcionar como unha app de móbil como tal… iso de quero ter o icono no teléfono para poder acceder directamente, por moi cómodo que nos pareza e que, aparentemente, funcione ben… á hora de cargar unha actualización deixa de funcionar. Por que? porque GesganMobil non é unha app como as da tenda de Google, é unha páxina web.

Cando nós creamos un acceso ao GesganMobil no móbil, parécenos que é moi cómodo e, aparentemente a aplicación abre perfectamente e funciona… Pero iso dura ata que a aplicación se actualiza ou ten que chamar a algún servizo externo como o da firma electrónica ou calqueira outro que se lle programe… A aplicación queda almacenada nunha “caché” que fai que funcionen as mínimas funcións para que o programa funcione… pero non está comunicándose totalmente e isto pode reportar problemas a futuro. POR ISO GESGANMOBIL NON SE PODE INSTALAR NOS ICONOS DO TELÉFONO MÓBIL.

O correcto é sempre abrir o navegador Chrome do teléfono (xa que está programado neste navegador e, aínda que poida funcionar noutros, poida ser que cousas que funcionen en chrome, poidan non funcionar en Firefox ou Safari.

A forma correcta de ter funcionando GeganMobil é abrir o navegador Chrome para dispositivos móbiles, entrar na web de Seragro, S.C.G. e pulsar o botón GesganMobil no menú de arriba da páxina web. Isto ábrenos a páxina web GesganMobil no navegador así:

Aquí xa ten unha serie de funcións que podemos usar no navegador que na anterior pantalla de cando tiñamos instalado coma se fora unha app de móbil non tiñamos. O botón dos 3 puntos verticais da parte superior dereita da pantalla. Aquí aparce o botón Actualizar (tecla F5 dos ordenadores) Ese botón desbloquea todas as trabas que poida ter a páxina e fai que volva a recargarse.

Outra das cousas que debemos facer periódicamente, a lo menos unha vez á semana ou cando nos digan que se inclueu ou se correxiu algunha función no GesganMobil é desconectar a sesión e volver a menter o usuario e a contrasinal. Cando desconectemos sesión voltaremos á pantalla de inicio e aí tamén convén pulsar os tres puntos e o botón de Actualizar antes de entrar na web, para que nos recargue o sitio. Unha vez entremos, a aplicación debería funcionar con normalidade.

gesganmobil_-_problemas_frecuentes.txt · Última modificación: 2026/03/16 13:08 por admin